XXXVIII FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA

XXXVIII FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA

 

XXXVIII FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA. Sin duda alguna uno de los festivales más carismáticos del verano, un evento con denominación de origen en un entorno maravilloso y fresquito para los que pasamos un verano caluroso. Te lo contamos aquí, en Mi Rollo punto es:

Luar na Lubre, The Vaccines, Siloé, Grande Amore, P.P. Arnold, Albert Pla, Hermana Furia ou Queralt Lahoz farán vibrar A Coruña na 38 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia

– The Vaccines, Siloé, Carlos Ares, Guadi Galego, Grande Amore e Luar na Lubre serán os concertos da praia de Riazor.

– O evento, que dá continuidade á súa internacionalidade, conta con 19 artistas de orixe galega e presenza feminina en máis da metade do cartel.

– Propostas chegadas de Reino Unido, Países Baixos, Mali, Marrocos, Arxentina ou Senegal completan un cartel no que predomina o pop-rock, como non podía ser doutro xeito, combinado co folk, o trad, o funk, o soul, o jazz, o blues ou o hiphop e o dance.

– Inspirado nas xenuínas vidrieiras das galerías da Marina, o cartel é unha chiscadela a estes elementos, que conforman unha das postais máis bonitas de Galicia.

– María Pita súmase á relación de escenarios para facilitar o tránsito de público entre uns e outros, acurtando as distancias.

– Nace un novo escenario no Portiño, que contará con Mercado de la Cosecha de venres a domingo con actividades para toda a familia.

– Ademais, de xoves a sábado, haberá unha nova edición do Mercado de Discos do Noroeste no Mercado de Santo Agustín.

XXXVIII FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA

A cidade de cristal prepárase para unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 6 ao 10 de agosto con máis dunha trintena de concertos en 6 escenarios diferentes, repartidos por toda a cidade. Como principal novidade, nesta edición haberá concertos en María Pita, que se suma á nómina de escenarios para facilitar o tránsito de público entre uns e outros, e nace unha nova localización no Portiño, co Mercado de la Cosecha impulsado por Hijos de Rivera, con actividades para toda a familia nunha das postais máis icónicas da Coruña.

Falando de estampas coruñesas, o cartel está inspirado nas vidreiras das galerías da Marina, que forman unha das vistas máis bonitas de toda Galicia. O XXXVIII Festival Noroeste Estrelja Galicia dá continuidade á súa internacionalidade, xa que contará con propostas chegadas de Reino Unido, Países Baixos, Mali, Marrocos ou Senegal, reforzando á súa vez a aposta pola música galega e a presenza feminina en máis do 50% do cartel. Ata 19 bandas proveñen de Galicia e todos os concertos serán de balde.

Xéneros

En canto a xéneros predomina, como non podía ser doutra maneira, o pop-rock, emblema desta programación ao longo da súa historia, pero haberá moito máis. Desde o folk, o trad, o funk, o soul ou o jazz, pasando polo blues, o hiphop, a electrónica, o dance ou sons característicos da música étnica.

A praia de Riazor, a praza de María Pita, o Castelo de Santo Antón, Campo da Leña, praza de Azcárraga e O Portiño serán os escenarios desta trixésimo oitava edición do Festival Noroeste Estrela Galicia. Neste último haberá actividades para toda a familia, con Mercado de la Cosecha, que volve formar parte da programación desde o venres ata o domingo. Rapariga DJ, Raphael de la Ghetto, Eme DJ, Yo soy Ratón e DJ Peligro ofrecerán espectáculos neses días.

Galicia

Galicia brillará como nunca en Riazor o venres 8 de agosto. O coruñés Carlos Ares, artista, produtor e compositor cunha das voces máis persoais e inquietas da escena alternativa, dará paso a dúas propostas tan auténticas como persoais: os tamén locais Luar na Lubre, a nosa banda máis internacional feita unha versión polo mesmísimo Mike Oldfield, e Grande Amore: “o grupo máis ruidoso da súa xeración”, recentemente recoñecido co Premio MIN 2024 ao mellor álbum en galego.

Na praia recalará o sábado 9 una das bandas de rock moderno máis formidables de Inglaterra: The Vaccines, que xunto a Siloé, unha das propostas máis orixinais da escena musical española – recomendados nada menos que por Coldplay – e á multipremiada artista galega Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena actual, poñerán o peche ao escenario máis emblemático do festival.

Unha das voces máis impresionantes da actualidade: Queralt Lahoz, ou o sempre irreverente Albert Pla, entre outros, inaugurarán María Pita como espazo escénico do Noroeste Estrella Galicia.

Azcárraga, que sempre regala á cidade algunhas das sorpresas máis gratas do festival, acollerá sobre as súas táboas a P.P. Arnold (USA), que nas súas 5 décadas de traxectoria relacionouse con Tina Turner, The Rolling Stones ou Rod Stewart, ás tamén americanas Annie and the Caldwells co seu potente soul disco do Mississippi ou a JP Bimeni and the Black Belts (África), un mestre do funk-soul moderno de inspirador estilo soul africano.

Organizado polo Concello da Coruña

O Festival Noroeste Estrella Galicia está organizado polo Concello da Coruña e conta co apoio institucional da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, ademais do patrocinio de Estrella Galicia.

Entradas para o Castelo de Santo Antón

As invitacións para os concertos do Castelo de Santo Antón estarán dispoñibles no despacho de billetes da praza de Ourense a partir do martes, 5 de agosto, no seu horario habitual. Pódense retirar ata un máximo de dous por persoa. Dez minutos antes de comezar o concerto, a entrada será libre ata completar aforo.

Mercado de Discos do Noroeste

Creado co obxectivo de establecer un punto de encontro musical na Coruña, reunirá a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos, incluíndo vinilos e cedés.

Haberá máis de 20.000 unidades dispoñibles, entre LP’s, CD’s, singles e maxisingles, incluíndo discografías completas dalgúns artistas, edicións descatalogadas, reedicións e ofertas de case todos os estilos. Tamén haberá unha destacada presenza de discos publicados por selos e editoriais galegas. Con esta, xa son catro edicións.

O acceso será libre para todos os públicos desde o xoves 7 de agosto ata o sábado 9 de agosto na primeira planta do Mercado de San Agustín, con horario ininterrompido de 11:30 a 19:30 horas.

Organizado por Nonito Pereira, acollerá tamén unha exposición cuxa temática é a interpretación, ou reinterpretación, de famosas portadas de discos, entendendo o concepto como unha nova versión das devanditas creatividades con achegas persoais significativas por parte do autor, o ilustrador e deseñador galego Fausto Isorna. Titúlase “ReDiscOver”.

Mercado de la Cosecha Hijos de Rivera

O Mercado de la Cosecha regresa ao festival Noroeste Estrella Galicia co obxectivo de despregar desde o venres 8 de agosto ata o domingo 10 de agosto cunha proposta de lecer familiar cun obxectivo claro: o de divulgar e sensibilizar en favor do medio ambiente e o desenvolvemento sostible do rural.

Este proxecto de impacto positivo de Corporación Hijos de Rivera estará presente nesta ocasión no Portiño, en horario de 15:30 a 20:00 horas o venres, e de 12:00 a 20:00 horas tanto o sábado como o domingo. Contará cunha ampla axenda de actividades para todos os públicos.

Este espazo dará tamén visibilidade a proxectos exemplares do rural como Cortes de Muar, Airas Moniz, Mariñeiras Daveiga, Versos da Ruda, A Castrexa, Os Biosbardos, Horta da Lousa e Galo Celta.

O Mercado de la Cosecha é unha iniciativa de impacto social de Hijos de Rivera, cuxo propósito é a transformación do rural nun medio máis próspero, sostible e saudable que xera benestar. A principal contribución do Mercado de la Cosecha ao longo destes case 15 anos de existencia materializouse en exemplos reais de artesáns do rural que, a través dos seus modelos de xestión e/ou de negocio, amosan que esta visión de futuro non só é necesaria, senón que tamén é viable e diferenciadora.

XXXVIII FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA. 00Programación completa distribuida por localizacións, días e horas

Mércores 6 de agosto

13:00h – Los SEX (Campo da Leña)

14:00h – Adhara & Ritman (Praza da Azcárraga)

19:00h – Vieux Farka Touré Quartet (Castelo de San Antón)

20:00h – J.P. Bimeni and The Black Belts (Praza da Azcárraga)

21:00h – Albert Pla & Rumbagenarios (María Pita)

22:00h – Los Deltonos (Campo da Leña)

22:45h – La Yegros (María Pita)

23:00h – Annie and the Caldwells (Azcárraga)

00:00h – O’Funk’illo (Campo da Leña)

_________________________________________________________________________

Xoves 7 de agosto

13:00h – Komodo (Campo da Leña)

14:00h – Candela Liste (Praza da Azcárraga)

19:00h – Ballaké Sissoko + Piers Faccini (Castelo de San Antón)

20:00h – P.P Arnold (Azcárraga)

21:00h – Queralt Lahoz (María Pita)

22:00h – Hermana Furia (Campo da Leña)

22:45h – MONDRA (Praza de María Pita)

23:00h – Tito Ramírez (Praza de Azcárraga)

00:00h – Battosai (Campo da Leña)

_________________________________________________________________________

Venres 8 de agosto

13:00h – Gustavo Almeida (Campo da Leña)

14:00h – Revel Velvet (Azcárraga)

16:00h – Rapariga DJ (O Portiño)

16:30h – Experimento Basement (Azcárraga)

17:15h – Roda Door (Azcárraga)

18:00h – Nordés (Azcárraga)

18:00h – Leria (Campo da Leña)

19:00h – McEnroe (Castelo de Santo Antón)

19:00h – Scarecröw (Azcárraga)

20:00h – Doctor Snob (Campo da Leña)

21:00h – Carlos Ares (Playa de Riazor)

22:30h – Luar na Lubre (Playa de Riazor)

00:00h – Grande Amore (Playa de Riazor)

_________________________________________________________________________

Sábado 9 de agosto

13:00h – Raphael de la Ghetto (O Portiño)

16:30h – Eme DJ (O Portiño)

21:00h – Guadi Galego (Playa de Riazor)

22:30h – Siloé (Playa de Riazor)

00:00h – The Vaccines (Playa de Riazor)

_________________________________________________________________________

Domingo 10 de agosto

13:00h – Yo Soy Ratón (O Portiño)

16:00h – DJ Peligro (O Portiño)