FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA CAST E GAL presenta a súa programación por días e escenarios. En total, serán 7 os emprazamentos repartidos por toda a cidade da Coruña: Campo da Leña, praza de Azcárraga, praza de María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor.
Do 5 ao 8 de agosto haberá máis de 40 recitais repartidos por 7 escenarios diferentes: Campo da Leña, praza de Azcárraga, praza de María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor.
Incorpóranse os deejays do Portiño DJMIL, Sofi Peries, Saya DJ, REY DJ, La Yaya DJ e Monkey Mambo Club.
Os Xardíns de Méndez Núñez acollerán os espectáculos do ‘Noroestiño’, pensados para público familiar, do 6 ao 9 de agosto.
A Coruña, 18 de xullo de 2026
Desde o 5 ao 8 de agosto serán máis de 40 recitais de estilos tan diversos como o rock, música africana, pop, electrónica, folk, jazz, rythm&blues, post-punk ou flamenco. Máis da metade das bandas desta trixésimo novena edición serán galegas.
Así, o 5 de agosto poderemos gozar de Law, David Regueiro Trío ft. Pablo Castaño, Pamela Rodríguez e Fantastic Negrito en Azcárraga; Colorado, Greasy Belly, Agoraphobia, Frankie and the Witch Fingers no Campo da Leña; Freestyle People ft. Gallos del Norte, Orquesta Invisible, Catuxa Salom e Bongeziwe Mabandla en Santa Margarida; Anna Andreu no Castelo de San Antón e Ángel Stanich, Dorian, Familia Caamagno e a Orquestra do Quince na praza de María Pita.
Para o 6 de agosto, a programación depáranos os concertos de Apolo18, MFC Chicken, La Perra Blanco e Moura en Azcárraga; Mar de Fondo, MEU, Tsunami Arise e Ruxe Ruxe no Campo da Leña; Banda DiversidArte ft. Silvia Penide & La Sophie Simonds Band, Mounqup, Xosé Lois Romero & Aliboria e Mari Froes no parque de Santa Margarida; Ana Lua Caiano no Castelo de San Antón e Vicente Calderón, Yerai Cortés e Zënzar na praza de María Pita.
Abrirán os concertos da praia de Riazor deste ano Crowded, Bala, Sprints e Rusowsky o venres 7 de agosto. Para o sábado 8 de agosto, quenda de Sés, Echo & The Bunnymen e Bomba Estéreo na praia de Riazor.
Incorpóranse ás confirmacións dos concertos os deejays do escenario do Portiño DJMIL, o venres 7 de agosto; Sofie Peries e Saya DJ o sábado 8 de agosto; e REY DJ, La Yaya DJ e Monkey Mambo Club o domingo 9 de agosto.
No referente ás artes escénicas, os Xardíns de Méndez Núñez acollerán os espectáculos do ‘Noroestiño’, pensados para público familiar, do 6 ao 9 de agosto. O parque de Santa Margarida volverá ser o escenario que peche unha edición máis do Festival Noroeste Estrella Galicia, co espectáculo ‘Amoriños’ que ofrecerán Xosé A. Touriñán e David Perdomo o domingo 9 de agosto.
A alcaldesa, Inés Rey, subliñou o carácter especial do Festival Noroeste Estrella Galicia, “unha cita que sentimos moi nosa e que, cada ano, reúne a artistas internacionais e locais para desfrutar dun festival único e referncial en toda Europa”.
O Festival Noroeste Estrella Galicia é o festival urbano e gratuíto que conta co patrocinio de Estrella Galicia, organizado polo Concello da Coruña e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través de Concertos do Xacobeo, e a Deputación da Coruña. Trátase do evento máis importante das súas características a nivel estatal, e un dos máis relevantes de Europa.
Agoraphobia · Ana Lua Caiano · Ángel Stanich · Anna Andreu Apolo18 · Bala
Banda DiversidArte ft. Silvia Penide & La Sophie Simonds Band
Bomba Estéreo · Bongeziwe Mabandla · Catuxa Salom · Colorado · Crowded
David Regueiro Trío ft. Pablo Castaño · Dorian · DJMIL
Echo & The Bunnymen
Familia Caamagno e a Orquestra do Quince · Fantastic Negrito
Frankie and The Witch Fingers
Freestyle People & Gallos del Norte · Greasy Belly
La Perra Blanco · La Yaya DJ · Law · Mar de Fondo · Mari Froes MEU
MFC Chicken Mounqup · Monkey Mambo Club · Moura
Orquesta Invisible
Pamela Rodríguez · REY DJ · Rusowsky · Ruxe Ruxe · Saya DJ Sés
Sofie Peries · Sprints · Tsunami Arise · Vicente Calderón
Xosé Lois Romero & Aliboria · Yerai Cortés · Zënzar
Begut, L.A., Boyanka Kostova y muchos más completan el cartel de Ciclogénesis 2026 Ciclogénesis 2026.…
DJ Moderno vuelve a remezclar a Los Invaders: “Sentimentaloides” directo a la pista de baile…
Elefant records reedita en vinilo los álbunes de THE SCHOOL "Reading Too Much Into Things…
Ya está aquí TODOS QUIEREN SER LOS CAMPEONES, el nuevo album de Apartamentos Acapulco que…
Presentación del universo de Las noches de Río Babel Las Noches de Río Babel MADRID…
¡Atención! Torna La Pèrgola🎶 La Pérgola Otoño 2026. Nuestros buenso amigos de Concerts de la…
Esta web usa cookies.